A National Highway Traffic Safety Agency, axencia dos Estados Unidos, creou un sistema chamado Driver Alcohol Detection System for Safety cuxa función é bloquear o vehículo se a persoa que se pon ó volante excede os límites de alcohol no sangue permitidos. Esto é posible grazas a un alcoholímetro instalado no volante ou na porta do conductor que detectaría o nivel de alcohol no alento e a outro alcoholímetro no botón de encendido do motor ou na palanca de cambios. Estes alcoholímetros dispoñen dun sensor que emite luz inframervella e segundo a cantidade de luz absorvida pódese estimar o nivel de alcohol do conductor xa que o etanol absorve lonxitudes de onda moi concretas.
A finalidade deste sistema é reducir o número de accidentes na carretera a causa de conductores ebrios.