xoves, 4 de xuño de 2015

Conséguese devolver a memoria a ratos con amnesia.

Mediante unha técnica chamada optogenética o premio Nobel Susunu Tonegawa consegueu activar e desactivar con luz os grupos de neuronas que gardan os recordos, engramas de memoria.
En roedores con amnesia os recordos non desaparecen senón que se manteñen "durmidos". Para probalo, nun laboratorio fixeron que eses ratos temesen unha experiencia, que olvidasen esa experiencia e que de novo volvesen a recordala. Para lograr ratos amnésicos estes foron entrenados para asociar un calambre nunha pata coa xaula na que o recibían e como saben que esa xaula non é segura responden quedándose inmóviles, é dicir, quedan "paralizados" polo medo (este comprtamento denomínase conxelación). Os roedores foron tratados con anisomicina, a cal inhíbe a síntese de proteínas e evite que as conexións entre neuronas activen a súa forza. 
Estos resultados proporcionan unha nova perspectiva sobre a consolidación da memoria e á súa vez activase a esperanza de que a amnesia de persoas con alzhéimer poida ser tratada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario