luns, 16 de marzo de 2015

O sal aumenta o rendemento en competicións de resistencia.

Científicos do laboratorio de fisiología do exercicio da UCJC analizaron a efectividade dunhas cápsulas de sal durante unha carreira de triatlon que consta de 1,9 km de natación, 90 km de ciclismo e 21,1 km de atletismo. Esta investigación consistiu en que un grupo de triatletas inxiriu, a demáis das bebidas rehidratantes que soían tomar, 12 cápsulas de sal divididas en tres tomas co obxectivo de repoñer un 71% do sodio perdido a través do sudor na competición.

Os resultados obtidos foron comparados cos de outro grupo de triatletas da misma idade e experiencia nestes tipos de competicións que durante o triatlon só tomaron bebidas deportivas e cáusulas de placebo que lle permitiron repoñer o 20% do sodio perdido.
Os triatletas que tomaron a cápsula de sal remataron a competición 26 minutos antes de media e estes melloraron as súas marcas en atletismo e bicicleta. Esto ocorre porque a sal estimula a sede, o que fai que os deportistas beban máis fluídos durante a carreira e así mellorar os balances de auga e electrocitos no sangue.

domingo, 8 de marzo de 2015

O orixe do VIH está en gorilas de Camerún

O sida está causado polo VIH (síndrome de inmunodeficiencia humana) e dentro del hai varios tipos, o máis infeccioso é o VIH-1 o cal foi transmitido de gorilas a humanos a causa do síndrome de inmunodeficiencia dos simios.
Científicos examinaron mostras de feces de diferentes especies de gorilas en África na búsqueda de anticorpcos para atopar a presencia do SIV.
O modo máis probable de transmisión deste virus de gorilas a humanos foi a través da exposición a tecidos infectados e a sangue durante a caza de animais silvestres.