domingo, 14 de decembro de 2014

O mecanismo que graba o medo no cerebro.

Unha quincena de investigadores da cidade de Manhattan estiveron traballando no 'Laboradorio do Medo' para identificar que causa o medo nas persoas.
Tras estudar os cerebros de centos de ratas, descubreuse que, coma nas persoas, existe unha amígdala na que se gardan recordos e experiencias traumáticas.

sábado, 6 de decembro de 2014

¿Pode o ollo humano ver a luz infravermella?

A radiacion infravermella ten unha lonxiude maior cá da luz pero menor ca a das microondas e para o ser humano resulta imposible vela debido a que se encontra fóra do nóso espectro visual pero un grupo de investigadores descubriu que baixo certas condicións esta luz infravermella pode ser captada pola retina.

Para esta investigación os científicos utilizaron células de retinas de ratos e de seres humanos e láseres que emiten este tipo de luz. Cando os pulsos de luz do láser se emitían rápidamente as células sensibles á luz captaban algunhas veces a luz infravermella e, polo tanto, o ollo podía captar esta luz.

venres, 5 de decembro de 2014

Posponse o lanzamento da proba da nave interplanetaria Orion.

A nave Orion é unha nave deseñada pola nasa coa función de levar unha tripulación de catro astronautas máis alá da órbita da Terra.

O lanzamento de proba desta nave foi suspendido a causa dun problema nunha válvula de hidróxeno. Este lanzamento foi posposto para o venres 5. Este primeiro voo de Terra ten como función dar 2 volta á Terra, durante este voo probaránse os sistemas de seguridade e un escudo contra á radiacción o cal envolve á nave.

luns, 1 de decembro de 2014

Homo antecessor

O homo antecessor é unha especie extinta pertencente ó xénero Homo. Viveu hai 900000 anos. Está considerada como a especie homínida máis antiga de Europa.
De todos os individuos do xénero Homo, o homo antecessor probablemente sería o que máis se parecería ó homo sapiens. Tiñan unha mandíbula estreita acabada co menton saínte e fino, dentes pequenos e pómulos marcados aínda que tiñan a frente inclinada cara atrás. Medían entre 1,65 m. e 1,85 m. e o seu peso oscilaba entre os 60 e 90 kg. Esta especie tiña unha grande cantidade de pelo e unha masa colporal grasenta, o cal protexía a estes individuos do frío. O homo sapiens ten un capacidade craneal de 1200 cm3 mentres que a do homo antecessor era de 1000 cm3.


Esta especie tiña un comportamento nómad e formaban grupos de 40 a 50 individuos. Vivían da caza e comían carne cruda, creese que eran canívales debido a que se encontraron marcas de mordidas de ósos fosilizados dos propios homo antecessor. Tiñan un desarrollo similiar ó nóso, é dicir, unha infancia e adolescencia prolongadas pero só chegaban a vivir ata os 40 ou 50 anos.


Desarrollaron a pintura como un novo modo de expresión.