domingo, 23 de novembro de 2014

Comezan as prospreccións petrolíferas en Canarias.

As prospreccións son exploracións do terreo en busca da existencia dalgún material, xacementos xeolóxicos, minerais ou arqeuolóxicos. Neste caso estas prospreccións son petrolíferas son en augas Canarias. Según a empresa este proxecto traerá  unha serie de beneficios.

Grupos ecoloxistas e algunhas formacións políticas intentan frealas xa que consideran que poden ter un grave impacto ambiental e efectos socias e económicos moi negativos.

A pregunta é, cales poden ser estes efectos? Biólogos mariños aseguran que a zona que repsol vai perforar está habitada por 30 das 87 especies mariñas que existen en todo o mundo. Esta exploración de petróleo pode ter impactos acústicos xa que os cectáceos usan o sonido para realizar todas as funcións vitais e para a busca de alimento; tamen existe un impacto químico.

domingo, 16 de novembro de 2014

A misión Rosetta consiste en que unha sonda  chamada igual que a misión orbite ó  redor do cometa 67/P Churyumov- Guerasimenko  na súa viaxe cara ó sol e que un módulo de aterrizaxe chamado Philae se pouse sobre este para así poder analizar a composición da súa superficie. Esta sonda foi lanzada xa en 2004.

O pasado 12 de novembro Philae desprendeuse de Rosetta e tardou 7 horas en chegar ao cometa. 

Houbo algún que outro fallo técnico xa que un dos tres arpóns non se clavou ao chan no momento que Philae tocou a superficie do cometa e polo tanto  rebotou e acabou pousándose nunha zona do cometa onde só hai unha hora e media de iluminación ó día fronte ás 6 que  o módulo necesita para recargar as súas baterías. Precisamente, esta foi unha das causas polas que o módulo comezou a taladrar a superficie do 67/P, debido a quea este quedáballe pouca batería. Afortunadamente, antes de que Philae quedara completamente sen batería consegueu transmitir os datos científicos recollidos trala perforación do cometa.

Os científicos esperan que a medida que o cometa se vaia achegando ó sol aumente a iluminación sobre os paneles do módulo Philae e este poida cargar as baterías e seguir explorando o cometa.

martes, 4 de novembro de 2014

Existen os universos paralelos?

A hipótese física dos Universos Paralelos  explica a posible existencia de varios universos complementarios ó noso.

Creese na existencia destes porque a teoría do Big Bang di que a enerxía non explotou toda ó mesmo tempo. Polo tanto, grazas a esta gran cantidade de enerxía tiveron lugar sucesivos Big Bangs e desta forma creáronse universos paralelos.

Académicos na Universidade de Australia non só cren que estes universos existen, senon que interactúan entre sí, é dicir, que se inflúen os uns ós outros pero pénsase que cada un destes universos ten  diferentes propiedades.

Esto podería sevir de axuda para entender algúns enigmas da mecánica cuántica, a cal estuda o funcionamento do universo, pero sería moi dificil confirmar esta hipótese, a cal estivo presente na mecánica cuántica dende 1957.