venres, 24 de abril de 2015

A nave Messenger da NASA estrelarase contra Mercurio.

A sonda Messenger chegou no 2011 a Mercurio no 2011 tras unha viaxe de 7 anos. Esta nave converteuse no primeiro artefacto humano capaz de orbitar  ó planeta máis próximo ó sol. Grazas ós seus instrumentos creáronse mapas detallados da superficie de Mercurio e  estudouse a súa composición, o seu campo magnético e a súa case inexistente atmósfera.
Tras catro anos observando ó planeta a nave chegou ó seu final e esta estrelaráse contra a superficie de Mercurio o 30 de Abril. Os enxeñeiros non poderán ver a ubicación exacta a tempo real do impacto xa que a sonda caerá no lado do planeta máis afastado da
Terra.
Antes da chegada da misión Messenger Mercurio era case un misterio absoluto xa que non coñecíamos nada sobre él.

Ningún comentario:

Publicar un comentario