domingo, 17 de maio de 2015

Por que os humanos modernos temos queixo?

Un antropólogo e profesor da Universisade de Iowa liderou unha investigación que suxire que o queixo non se formou debido á masticación senon que foi un cambio debido ó tamaño e á forma da cara.
Tras facer análises biomecánicos faciales e e craneais de 40 persoas, ás cales se lle levan practicando estes estudos dende á infancia ata acadar a idade adulta, o equipo encargado de facelo observou que as forzas mecánicas parecen incapaces de producir a resistencia necesaria como para crear un novo óso na mandíbula inferior, máis ben pénsase que o queixo emerxeu nos humanos modernos debido a que a medida que os nosos rostros se volveron máis pequenos o mentón converteuse nun saínte óseo. Tamén se creee que o mentón é unha consecuencia dun cambio de estilo de vida que reduceu os niveles de testosterona provocando cambios na rexión facial masculina, un cambio fisiolóxico que que crearía unha oportunidade natural para a aparición do mentón humano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario