luns, 11 de maio de 2015

Reflexada na nosa actividade cerebral o uso de teléfonos intelixentes.


Científicos da Universidade de Zúrich estudaron a actividade do córtex cerebral de persoas que usan teléfonos intelixentes e de xente que todavía usa teléfonos antigos. Para isto colocaron 62 electrodos nun casco que é capaz de rexistrar como o cerebro procesa os movementos do dedo índice, do pulgar e do corazón.


Grazas a este estudo os cietíficos descubriron que as persoas con teléfonos intelixentes teñen máis actividade cerebral ca as que usan teléfonos antigos e que esta actividade cotidiá queda rexistrada no noso cerebro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario