xoves, 11 de xuño de 2015

Estados Unidos presenta un sistema que bloquea o vehículo se o conductor supera a tasa de alcohol permitida

A National Highway Traffic Safety Agency, axencia dos Estados Unidos, creou un sistema chamado Driver Alcohol Detection System for Safety cuxa función é bloquear o vehículo  se a persoa que se pon ó volante excede os límites de alcohol no sangue permitidos. Esto é posible grazas a un alcoholímetro instalado no volante ou na porta do conductor que detectaría o nivel de alcohol no alento e a outro alcoholímetro no botón de encendido do motor ou na palanca de cambios. Estes alcoholímetros dispoñen dun sensor que emite luz inframervella e segundo a cantidade de luz absorvida pódese estimar o nivel de alcohol do conductor xa que o etanol absorve lonxitudes de onda moi concretas.
A finalidade deste sistema é reducir o número de accidentes na carretera a causa de conductores ebrios.

xoves, 4 de xuño de 2015

Conséguese devolver a memoria a ratos con amnesia.

Mediante unha técnica chamada optogenética o premio Nobel Susunu Tonegawa consegueu activar e desactivar con luz os grupos de neuronas que gardan os recordos, engramas de memoria.
En roedores con amnesia os recordos non desaparecen senón que se manteñen "durmidos". Para probalo, nun laboratorio fixeron que eses ratos temesen unha experiencia, que olvidasen esa experiencia e que de novo volvesen a recordala. Para lograr ratos amnésicos estes foron entrenados para asociar un calambre nunha pata coa xaula na que o recibían e como saben que esa xaula non é segura responden quedándose inmóviles, é dicir, quedan "paralizados" polo medo (este comprtamento denomínase conxelación). Os roedores foron tratados con anisomicina, a cal inhíbe a síntese de proteínas e evite que as conexións entre neuronas activen a súa forza. 
Estos resultados proporcionan unha nova perspectiva sobre a consolidación da memoria e á súa vez activase a esperanza de que a amnesia de persoas con alzhéimer poida ser tratada.