xoves, 28 de maio de 2015

Nubes artificiais para loitar contra o quentamento global.


Esta é unha idea futurista que propón utilizar barcos para disparar auga mariña cara o ceo e así crear unhas nubes artificiais que reflexen a luz do sol e así provocar que o planeta enfríe e frenar o cambio climático. Trátase dunha proposta clásica da xeoenxeñaría, un físico atmosférico da Universidade de Washington propuxo un experimento para probar a pequena escala a súa viabilidade e estudar os seus efectos.

Nunha primeira fase enviaríase un barco con rociadores que puidesen lanzar suficientes partículas coa elevación adecuada e un avión equipado con sensores que estudaría como se difunden as partículas. Se esto funcionase, enviaríanse dez barcos repartidos en 60 millas no océano. As nuves serían o suficientemente grandes como para que un satélite examinase a capacidade destas para reflexar a luz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario