sábado, 31 de xaneiro de 2015

Material que repele a auga ata facela rebotar.

Un equipo de investigadores da Universidade de Rochester crearon unha superficie superhidrofóbica que repele a auga ata o punto de facela rebotar. Esta superficie trátase dun metal ao que lle debuxaron uns patróns microscópicos co láser. Son eses patróns os que lle otorgan esta propiedade.
Esta técnica tería usos como: evitar que se conxelen as ás dun avión, conseguir máis auga coa choiva nos países subdesenvolvidos... Pero este proceso é moi lento e caro, polo que para que esta técnica puidese empregarse tería que volverse máis fácil de producir e económica.

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Viaxes virtuales ó planeta vermello.


A NASA e Microsoft están desenvolvendo un software que lles facilitará ós científicos a exploración de Marte. Este software permitirá que o planeta sexa explorado dende as oficinas dos científicos. 


Onsight, nome que recibe o programa virtual, simulará o entorno marciano en 3D. Os investigadores que forman parte da misión Curiosity  poderán examinar o lugar de traballo do robot dende unha perspectiva en primeira persoa xa que poden pasear pola superficie de Marte ou agacharse para examinar as rocas dende diferentes ángulos. Mézclase o mundo físico con imaxes creadas polo ordenador.