Científicos do laboratorio de fisiología do exercicio da UCJC analizaron a efectividade dunhas cápsulas de sal durante unha carreira de triatlon que consta de 1,9 km de natación, 90 km de ciclismo e 21,1 km de atletismo. Esta investigación consistiu en que un grupo de triatletas inxiriu, a demáis das bebidas rehidratantes que soían tomar, 12 cápsulas de sal divididas en tres tomas co obxectivo de repoñer un 71% do sodio perdido a través do sudor na competición.
Os resultados obtidos foron comparados cos de outro grupo de triatletas da misma idade e experiencia nestes tipos de competicións que durante o triatlon só tomaron bebidas deportivas e cáusulas de placebo que lle permitiron repoñer o 20% do sodio perdido.
Os triatletas que tomaron a cápsula de sal remataron a competición 26 minutos antes de media e estes melloraron as súas marcas en atletismo e bicicleta. Esto ocorre porque a sal estimula a sede, o que fai que os deportistas beban máis fluídos durante a carreira e así mellorar os balances de auga e electrocitos no sangue.
luns, 16 de marzo de 2015
domingo, 8 de marzo de 2015
O orixe do VIH está en gorilas de Camerún
O sida está causado polo VIH (síndrome de inmunodeficiencia humana) e dentro del hai varios tipos, o máis infeccioso é o VIH-1 o cal foi transmitido de gorilas a humanos a causa do síndrome de inmunodeficiencia dos simios.
Científicos examinaron mostras de feces de diferentes especies de gorilas en África na búsqueda de anticorpcos para atopar a presencia do SIV.
O modo máis probable de transmisión deste virus de gorilas a humanos foi a través da exposición a tecidos infectados e a sangue durante a caza de animais silvestres.
Científicos examinaron mostras de feces de diferentes especies de gorilas en África na búsqueda de anticorpcos para atopar a presencia do SIV.
O modo máis probable de transmisión deste virus de gorilas a humanos foi a través da exposición a tecidos infectados e a sangue durante a caza de animais silvestres.
xoves, 26 de febreiro de 2015
Por que nos quedamos en blanco?
Dicimos que nos quedamos en blanco cando nos olvidamos de algo que sabíamos no momento máis inoportuno, como pode ser un examen, unha presentación no traballo ou na escola... É dicir ocurre en momentos con moita tensión emocional, xa sexa porque ten lugar nun momento que nos inqueda ou por un exceso de responsabilidade.
Estas situacións suelen ser de corta duración pero non deixan de ser desagradables. Cando nos quedamos en blanco é debido a unha hormona chamada corticosterona que se libera en momentos tensos, de medo ou ansiedade e actúa bloqueando os sistemas de recuperación de información.
Para que isto non ocorra hai que tomar algunha medida para relaxarse e tranquilizarse e sobretodo ter un coñecemento profundo do que se vai a dicir.
venres, 20 de febreiro de 2015
Novos antibióticos contra bacterias superresistentes.
Un equipo pertencente a unha Universidade Británica desenvolveu uns novos antibióticos coa capacidade de 'loitar' contra bacterias superresistentes. Estes antibióticos atacarían sobre as colonias de de microorganismos, as cales forman películas que lle otorgan esta resistencia, mentres que os antibióticos convencionais case non afectan a estas colonias. A eficacia destes antibióticos dáse grazas á súa estructura.
Os científicos provaron os antibióticos en cultivos e en animais acadando resultados moi produtivos pero esta non é a única investigación que se está levando a cabo contra o problema das bacterias resistentes ós antibióticos, outro grupo da universidade de Utah tamén publicou un traballo relacionado con este tema.
venres, 13 de febreiro de 2015
Mapas 3D que miden o CO2 almacenado nas árbores.
Un equipo de científicos traballa nunha nova técnica que mide a cantidade de dióxido de carbono que pode almacenar unha árbore grazas a un escáner que realiza mapas 3D dos bosques. Este novo método substituirrá ó existente na actualidade, o cal é moito máis destructivo, no que fai falta cortar o árbol para acadar resultados moito menos eficaces.
Este novo método pode levarse a cabo grazas a un instrumento que se coloca nun trípode e da voltas sobre sí mesmo lanzando raios láser.
xoves, 5 de febreiro de 2015
Que fai o noso corpo mentres durmimos?
Mentres estamos durmidos o nóso corpo realiza actividades fisiolóxicas imprescindibles para o equilibrio tanto físico como psíquico do noso organismo pero durante o sono ocorren moitas máis cousas das que non somos conscientes:
- Cando durmimos o noso organismo está moi activo, aumenta a actividade no noso cerebro. Nafase REM excitámonos sen querer, poténciase de forma involuntaria a excitación sexual.
- Consúmense calorías ao durmir, aproximadamente tres ou catro calorías por cada hora de sono.
- Durante a noite, ó estar tumbados tantas horas, a columna vertebral libérase das cargas ás que a sometemos polo día e permítenos aumentar uns poucos centímetros.
- Baixa a temperatura corporal debido a que para o nóso cerebro unha temperatura inferior á habitual significa que é hora de durmir.
- Disminúen a presión sanguínea e o ritmo cardiaco.
- Os músculos reláxanse ata o punto de que se paralizan. Durante a fase REM prodúcese unha disminución fisiolóxica do tono muscular. Tamén é moi normal percibir unha sensación de caída ou de movemento brusco ao comezo ou ó final do sono.
sábado, 31 de xaneiro de 2015
Material que repele a auga ata facela rebotar.
Un equipo de investigadores da Universidade de Rochester crearon unha superficie superhidrofóbica que repele a auga ata o punto de facela rebotar. Esta superficie trátase dun metal ao que lle debuxaron uns patróns microscópicos co láser. Son eses patróns os que lle otorgan esta propiedade.
Esta técnica tería usos como: evitar que se conxelen as ás dun avión, conseguir máis auga coa choiva nos países subdesenvolvidos... Pero este proceso é moi lento e caro, polo que para que esta técnica puidese empregarse tería que volverse máis fácil de producir e económica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)