venres, 20 de febreiro de 2015

Novos antibióticos contra bacterias superresistentes.


Un equipo pertencente a unha Universidade Británica desenvolveu uns novos antibióticos coa capacidade de 'loitar' contra bacterias superresistentes. Estes antibióticos atacarían sobre as colonias de de microorganismos, as cales forman películas que lle otorgan esta resistencia, mentres que os antibióticos convencionais case non afectan a estas colonias. A eficacia destes antibióticos dáse grazas á súa estructura.


Os científicos provaron os antibióticos en cultivos e en animais acadando resultados moi produtivos pero esta non é a única investigación que se está levando a cabo contra o problema das bacterias resistentes ós antibióticos, outro grupo da universidade de Utah tamén publicou un traballo relacionado con este tema.

1 comentario:

  1. Moi ben, Nerea. Liches o artigo e resumiches coas túas propias palabras a información relevante. Segue así!

    ResponderEliminar