Mentres estamos durmidos o nóso corpo realiza actividades fisiolóxicas imprescindibles para o equilibrio tanto físico como psíquico do noso organismo pero durante o sono ocorren moitas máis cousas das que non somos conscientes:
- Cando durmimos o noso organismo está moi activo, aumenta a actividade no noso cerebro. Nafase REM excitámonos sen querer, poténciase de forma involuntaria a excitación sexual.
- Consúmense calorías ao durmir, aproximadamente tres ou catro calorías por cada hora de sono.
- Durante a noite, ó estar tumbados tantas horas, a columna vertebral libérase das cargas ás que a sometemos polo día e permítenos aumentar uns poucos centímetros.
- Baixa a temperatura corporal debido a que para o nóso cerebro unha temperatura inferior á habitual significa que é hora de durmir.
- Disminúen a presión sanguínea e o ritmo cardiaco.
- Os músculos reláxanse ata o punto de que se paralizan. Durante a fase REM prodúcese unha disminución fisiolóxica do tono muscular. Tamén é moi normal percibir unha sensación de caída ou de movemento brusco ao comezo ou ó final do sono.
Por iso hai que durmir o suficiente.Moi ben!
ResponderEliminar