luns, 11 de maio de 2015

Reflexada na nosa actividade cerebral o uso de teléfonos intelixentes.


Científicos da Universidade de Zúrich estudaron a actividade do córtex cerebral de persoas que usan teléfonos intelixentes e de xente que todavía usa teléfonos antigos. Para isto colocaron 62 electrodos nun casco que é capaz de rexistrar como o cerebro procesa os movementos do dedo índice, do pulgar e do corazón.


Grazas a este estudo os cietíficos descubriron que as persoas con teléfonos intelixentes teñen máis actividade cerebral ca as que usan teléfonos antigos e que esta actividade cotidiá queda rexistrada no noso cerebro.


xoves, 30 de abril de 2015

Descúbrese unha forma de "mirar" nos buracos negros.

Os físicos levan mantendo dende décadas que nun buraco negro a materia é absorvida e destruída ó instante sen saber nunca o que este tivo. Unha nova investigación revelou que esta teoría pode que non sexa de todo correcta xa que un equipo de físicos da Universidade de Buffalo demostraron que os buracos negros tragan materia pero non destrúen a súa información. Este estudo afirma que as interaccións entre partículas dentro do buraco negro poden revelar información sobre o que hai dentro deles.
Según Dejan Stojkovic, un dos físicos que participaron na investigación, este é un descubrimento moi importante debido a que ós físicos que creían que a información da materia absorvida polos buracos negros non se destruía resultáballes moi complicado demostrar o proceso matemáticamente.

venres, 24 de abril de 2015

A nave Messenger da NASA estrelarase contra Mercurio.

A sonda Messenger chegou no 2011 a Mercurio no 2011 tras unha viaxe de 7 anos. Esta nave converteuse no primeiro artefacto humano capaz de orbitar  ó planeta máis próximo ó sol. Grazas ós seus instrumentos creáronse mapas detallados da superficie de Mercurio e  estudouse a súa composición, o seu campo magnético e a súa case inexistente atmósfera.
Tras catro anos observando ó planeta a nave chegou ó seu final e esta estrelaráse contra a superficie de Mercurio o 30 de Abril. Os enxeñeiros non poderán ver a ubicación exacta a tempo real do impacto xa que a sonda caerá no lado do planeta máis afastado da
Terra.
Antes da chegada da misión Messenger Mercurio era case un misterio absoluto xa que non coñecíamos nada sobre él.

sábado, 18 de abril de 2015

Perú perde os seus glaciares.

A superficie dos glaciares de Perú, según datos oficiais, reduciuse un 40% durante as últimas catro décadas como consecuencia do cambio climático.
No norte do país, na "Cordillera Blanca",  hai 755 glaciares dos cales a maioría miden menos dun kilómetro cadrado; por esto mesmo se encontran en risco de desaparición. Os glaciólogos instalaron sensores termais para controlar a evolución destes.
Perú conta con 2.679 glaciares en total, os cales son a principal fonte de auga potable para a maior parte do país.

domingo, 12 de abril de 2015

Novo tipo de pernas biónicas.


En Florencia comezouse a investigar un novo tipo de pernas biónicas, un proxecto eurropeo chamado "Cyberlegs" que combina extremidades artificiais con robots portátiles. Esto permitirá que as personas portadoras das "Cyberlegs" camiñe dunha forma moito máis natural e con menos esforzo.


Este sistema robótico está pensado para servir como reemplazo a persons cunha amputación por riba da rodilla. A persoa que a leve poderá camiñar hacia atrás e hacia adiante, baixar escaleiras e sentarse e levantarse da cadeira cun esforzo mínimo.

luns, 16 de marzo de 2015

O sal aumenta o rendemento en competicións de resistencia.

Científicos do laboratorio de fisiología do exercicio da UCJC analizaron a efectividade dunhas cápsulas de sal durante unha carreira de triatlon que consta de 1,9 km de natación, 90 km de ciclismo e 21,1 km de atletismo. Esta investigación consistiu en que un grupo de triatletas inxiriu, a demáis das bebidas rehidratantes que soían tomar, 12 cápsulas de sal divididas en tres tomas co obxectivo de repoñer un 71% do sodio perdido a través do sudor na competición.

Os resultados obtidos foron comparados cos de outro grupo de triatletas da misma idade e experiencia nestes tipos de competicións que durante o triatlon só tomaron bebidas deportivas e cáusulas de placebo que lle permitiron repoñer o 20% do sodio perdido.
Os triatletas que tomaron a cápsula de sal remataron a competición 26 minutos antes de media e estes melloraron as súas marcas en atletismo e bicicleta. Esto ocorre porque a sal estimula a sede, o que fai que os deportistas beban máis fluídos durante a carreira e así mellorar os balances de auga e electrocitos no sangue.

domingo, 8 de marzo de 2015

O orixe do VIH está en gorilas de Camerún

O sida está causado polo VIH (síndrome de inmunodeficiencia humana) e dentro del hai varios tipos, o máis infeccioso é o VIH-1 o cal foi transmitido de gorilas a humanos a causa do síndrome de inmunodeficiencia dos simios.
Científicos examinaron mostras de feces de diferentes especies de gorilas en África na búsqueda de anticorpcos para atopar a presencia do SIV.
O modo máis probable de transmisión deste virus de gorilas a humanos foi a través da exposición a tecidos infectados e a sangue durante a caza de animais silvestres.