A misión Rosetta consiste en que unha sonda chamada igual que a misión orbite ó redor do cometa 67/P Churyumov- Guerasimenko na súa viaxe cara ó sol e que un módulo de aterrizaxe chamado Philae se pouse sobre este para así poder analizar a composición da súa superficie. Esta sonda foi lanzada xa en 2004.
O pasado 12 de novembro Philae desprendeuse de Rosetta e tardou 7 horas en chegar ao cometa.
Houbo algún que outro fallo técnico xa que un dos tres arpóns non se clavou ao chan no momento que Philae tocou a superficie do cometa e polo tanto rebotou e acabou pousándose nunha zona do cometa onde só hai unha hora e media de iluminación ó día fronte ás 6 que o módulo necesita para recargar as súas baterías. Precisamente, esta foi unha das causas polas que o módulo comezou a taladrar a superficie do 67/P, debido a quea este quedáballe pouca batería. Afortunadamente, antes de que Philae quedara completamente sen batería consegueu transmitir os datos científicos recollidos trala perforación do cometa.
Os científicos esperan que a medida que o cometa se vaia achegando ó sol aumente a iluminación sobre os paneles do módulo Philae e este poida cargar as baterías e seguir explorando o cometa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario