A NASA e Microsoft están desenvolvendo un software que lles facilitará ós científicos a exploración de Marte. Este software permitirá que o planeta sexa explorado dende as oficinas dos científicos.
Onsight, nome que recibe o programa virtual, simulará o entorno marciano en 3D. Os investigadores que forman parte da misión Curiosity poderán examinar o lugar de traballo do robot dende unha perspectiva en primeira persoa xa que poden pasear pola superficie de Marte ou agacharse para examinar as rocas dende diferentes ángulos. Mézclase o mundo físico con imaxes creadas polo ordenador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario