sábado, 6 de decembro de 2014

¿Pode o ollo humano ver a luz infravermella?

A radiacion infravermella ten unha lonxiude maior cá da luz pero menor ca a das microondas e para o ser humano resulta imposible vela debido a que se encontra fóra do nóso espectro visual pero un grupo de investigadores descubriu que baixo certas condicións esta luz infravermella pode ser captada pola retina.

Para esta investigación os científicos utilizaron células de retinas de ratos e de seres humanos e láseres que emiten este tipo de luz. Cando os pulsos de luz do láser se emitían rápidamente as células sensibles á luz captaban algunhas veces a luz infravermella e, polo tanto, o ollo podía captar esta luz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario