As prospreccións son exploracións do terreo en busca da existencia dalgún material, xacementos xeolóxicos, minerais ou arqeuolóxicos. Neste caso estas prospreccións son petrolíferas son en augas Canarias. Según a empresa este proxecto traerá unha serie de beneficios.
Grupos ecoloxistas e algunhas formacións políticas intentan frealas xa que consideran que poden ter un grave impacto ambiental e efectos socias e económicos moi negativos.
A pregunta é, cales poden ser estes efectos? Biólogos mariños aseguran que a zona que repsol vai perforar está habitada por 30 das 87 especies mariñas que existen en todo o mundo. Esta exploración de petróleo pode ter impactos acústicos xa que os cectáceos usan o sonido para realizar todas as funcións vitais e para a busca de alimento; tamen existe un impacto químico.
domingo, 23 de novembro de 2014
domingo, 16 de novembro de 2014
A misión Rosetta consiste en que unha sonda chamada igual que a misión orbite ó redor do cometa 67/P Churyumov- Guerasimenko na súa viaxe cara ó sol e que un módulo de aterrizaxe chamado Philae se pouse sobre este para así poder analizar a composición da súa superficie. Esta sonda foi lanzada xa en 2004.
O pasado 12 de novembro Philae desprendeuse de Rosetta e tardou 7 horas en chegar ao cometa.
Houbo algún que outro fallo técnico xa que un dos tres arpóns non se clavou ao chan no momento que Philae tocou a superficie do cometa e polo tanto rebotou e acabou pousándose nunha zona do cometa onde só hai unha hora e media de iluminación ó día fronte ás 6 que o módulo necesita para recargar as súas baterías. Precisamente, esta foi unha das causas polas que o módulo comezou a taladrar a superficie do 67/P, debido a quea este quedáballe pouca batería. Afortunadamente, antes de que Philae quedara completamente sen batería consegueu transmitir os datos científicos recollidos trala perforación do cometa.
Os científicos esperan que a medida que o cometa se vaia achegando ó sol aumente a iluminación sobre os paneles do módulo Philae e este poida cargar as baterías e seguir explorando o cometa.
O pasado 12 de novembro Philae desprendeuse de Rosetta e tardou 7 horas en chegar ao cometa.
Os científicos esperan que a medida que o cometa se vaia achegando ó sol aumente a iluminación sobre os paneles do módulo Philae e este poida cargar as baterías e seguir explorando o cometa.
martes, 4 de novembro de 2014
Existen os universos paralelos?
A hipótese física dos Universos Paralelos explica a posible existencia de varios universos complementarios ó noso.
Creese na existencia destes porque a teoría do Big Bang di que a enerxía non explotou toda ó mesmo tempo. Polo tanto, grazas a esta gran cantidade de enerxía tiveron lugar sucesivos Big Bangs e desta forma creáronse universos paralelos.
Académicos na Universidade de Australia non só cren que estes universos existen, senon que interactúan entre sí, é dicir, que se inflúen os uns ós outros pero pénsase que cada un destes universos ten diferentes propiedades.
Esto podería sevir de axuda para entender algúns enigmas da mecánica cuántica, a cal estuda o funcionamento do universo, pero sería moi dificil confirmar esta hipótese, a cal estivo presente na mecánica cuántica dende 1957.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)