sábado, 4 de outubro de 2014

Os ríos de Serra Nevada aumentan 2ºC nos últimos 20 anos.

Científicos da Universidade de Granada descubriron que debido ó cambio climático a temperatura das augas dos ríos de Serra Nevada aumentaron 2ºC nos últimos 20 anos. 
Este cambio na temperatura está provocando que moitas especies acuáticas que alí habitan se teñan que desprazar para en busca de augas máis frías.

Os expertos estudaron os tricópteros, insectos acuáticos que son moi sensibles aos efectos do cambio climático, para lograr este descubrimento.

Durante a investigación tamén se compararon a variable e o caudal. Concluíuse que a temperatura media subiu, o caudal diminuíu e incrementáronse o número de especies en puntos máis elevados dos ríos de Serra Nevada buscando refuxio.




Información sacada de: http://www.rtve.es/noticias/20141003/rios-sierra-nevada-aumentan-2c-temperatura-20-anos-cambio-climatico/1021982.shtml


xoves, 2 de outubro de 2014

Conseguen reprogramar células nai para que volvan ó seu estado orixinal.


As células nai permiten aliviar a dor ou incluso curar enfermidades sendo empleadas en mediciña rexenerativa, inmonuterapia ou terapia xénica. Estas pódense obter dun cadáver, embrións crioconservados, células embrionarias ou partenogénesis.



Científicos británicos e xaponeses lograron ‘resetear’ células nai adultas para devolvelas ao seu estado de 7 ou 10 días de vida. Esto no  só permitirá estudar os procesos do desarrollo embrionario senon avanzar na mediciña rexenerativa, unha esperanza para enfermidades coma o párkinson e o alzhéimer. O alzhéimer éun transtorno neurolóxico que provoca a morte de células nerviosas do cerebro, as células nai permitirían mellorar a calidade de vida destos pacientes utilizando as células nai para rexenerar o tecido cerebral dañado.